Páginas

lunes, 6 de mayo de 2013

COMITE DE SEGURIDADE E SAÚDE LABORAL


NOTA INFORMATIVA COMITE DE SEGURIDADE E SAÚDE LABORAL DA CONSELLERIA DO MEDIO RURAL E DO MAR.

AREA DO MAR.


22 XANEIRO 2013
O día 22 de xaneiro de 2013, as dez trinta horas, procédese a reunión ordinaria deste Comité na Sala de Xuntas da Consellería do Medio Rural e do Mar en San Caetano presidencia: Joaquín Macho Canales (V.X. Consellería do Medio rural e do Mar),
ORDE DO DÍA:
1. Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior.
Apróbase a acta con modificacións puntuais por unanimidade
2 Tratamento dos residuos químicos e de vidro, xestións realizadas e posibles solucións
Informa o Xefe de Coordinación da Área do Mar Celeiro- Viveiro do estado das xestións realizadas sobre o tratamento dos residuos. Contáctase con Ecovidrio e fálase que os contenedores nos que se realiza o cultivo de fitoplancto son de fibra de vidro e que este material non e doado de reciclar , aconsellan contactar co Punto Limpo para que proceda a súa recollida. Hai demanda destes contenedores no ámbito da gandería.
Informa tamén que se contactou con Sogarisa para os residuos químicos e se pediu orzamento por tonelada e transporte. Xa teñen toda a relación de produtos.
3 Protocolos de avaliación de postos de persoas especialmente sensibles nos entes e axencias da Consellería.
Pola parte social expúxose unha queixa que xa se tratara noutros comités, os problemas de coordinación para a avaliación de postos de persoas especialmente sensibles cando esta afecta a persoal da Xunta que traballa en entes da Consellería como por exemplo no INTECMAR. Informan que se acaba de valorar un posto por especial sensibilidade e a falta de coordinación entre administracións demorou a valoración. Pídese que haxa un protocolo claro de actuación neste casos para que os traballadores /as afectados non teñan que pasar por todo isto e o período de xestión sexa o mais breve posible.
Dende a Consellería e MUGATRA se informa que o protocolo está claro e que é o Servizo de prevención contratado polo ente o que ten que facer dita avaliación específica e que así ten que vir reflectido no contrato. Pídese a revisión de ditos contratos para evitar este problema no futuro. O Presidente do Comité comprométese a falar cos centros e que revisen os contratos.
4 Asuntos pendentes de resolución do último comité e seguimentos dos mesmos: manual de biólogos, medición químicos no CIMA, embarcación de Ribeira, documentación de avaliación de riscos no INTECMAR.
Manual de Biólogos: Comunican dende a Consellería que se vai a levar dende a Subdirección Xeral de Investigación e Apoio Científico-Técnico e que se van a facer as xestións para ver o que quedaría por facer e facelo. Insístese dende a parte social que o manual leva moito tempo parado por este tema e hai que rematalo canto antes.
Medición químicos no CIMA: Tráese de novo este tema pola parte social pois informan que hai mais de un ano que as medicións de cloroformo no CIMA deron por riba dos valores límite e non se volveu a medir para comprobar se a situación está controlada. Comunica a técnica de MUGATRA que se puxo en contacto co centro en Novembro e que lle pediron que a retrasara por problemas cos equipos, a medición farase en canto o laboratorio avise.
Embarcación de Ribeira: Este tema xa se tratou noutro comité. A embarcación Illas Malveiras ten unhas deficiencias que comprometen seriamente a seguridade e quedouse en paralizar a súa actividade mentres non se tomaran medidas, a parte social pregunta como está a situación. A Consellería contesta que esta embarcación está parada e aínda non se arranxaron os problemas. Decídese que siga parada ata a avaliación.
Documentación de avaliación de riscos no INTECMAR: mandouse por correo electrónico aos membros do Comité e coméntase que a mesma está a disposición do persoal no Servidor do INTECMAR. Pídese dende a parte social que se imprima unha copia das fichas de seguridade por laboratorio para consulta.
Estase pendente do protocolo de seguridade para os mostradores.
Falta por traer a este comité a avaliación feita a UTPB.
5 Revisións médicas, protocolos aplicados e queixas.
Informan dende a parte social de queixas sobre as revisións médicas: en primeiro lugar segundo o sitio onde se faga dita revisión os protocolos a aplicar son distintos, hai dende posturas forzadas, PVDs, asma bronquial, axentes biolóxicos (con vacinas incluídas de tétanos e difteria que non se poñen nin se pregunta). Pídese uniformidade e claridade nos procedementos e a parte non se está facendo ningún indicador biolóxico como se quedara na anterior xuntanza. Contesta o responsable de MUGATRA que ten que revisar a aplicación dos protocolos pois hai un común e non pode haber estas diferenzas, hai que unificar criterios. Polo que respecta aos indicadores biolóxicos, é organizativamente complexo e habería que ver qué traballadores estarían afectados para organizar as analíticas , ten pensado ter unha xuntanza co Toxicólogo este primeiro trimestre para ver o tema.
Hai queixas de novo sobre as revisións en Vilagarcía, a clínica no é axeitada e o médico fixo unha revisión deficiente. Contesta MUGATRA que en Vilagarcía non teñen moitas alternativas pero que intentarán mirar e arranxar o tema.
Está solucionado o tema do falso médico que fixo as revisións médicas na zona de Viveiro, volveuse a chamar a todo o persoal afectado e repetíronse as revisións pois as analíticas non se viron afectadas.
6 Programación xornadas de prevención para o ano 2013.
Informa o Servizo de Prevención que na provincia de Lugo xa se fixeron sen ningún problema, quedan Coruña e Pontevedra.
Para coordinar na provincia de Pontevedra proponse ao Xerente do centro polo CIMA e ao Director do Instituto polo IGAFA asistentes a esta xuntanza e falarase co IPMPA e co INTECMAR para que coordinen nos seus centros.
Para coordinar na provincia de A Coruña proponse ao Coordinador da Area do Mar na Coruña e ao responsable do Servizo de Prevención de A Coruña.
Quédase que o persoal da Consellería en Ribeira asista aos cursos que se organicen en Vilagarcía e facer cursos en Ferrol e A Coruña independentes. O persoal de mantemento do IPMPA irá a Vilagarcía para os cursos específicos.
7 Programación preventiva do ano 2013.
Infórmase por parte do Servizo de Prevención dos seguintes asuntos:
A embarcación Pena Forcada atópase agora en Ribeira, a Pta. Roncadoira e Os Cairos en Lugo.
En S.S.C.C. estaba todo o traballo feito pero coa reorganización da Consellería hai que volver a facer a avaliación polos cambios. Os sotos están en mal estado.
O Edificio Administrativo na Vicesecretaría Xeral Técnica estaba na programación do 2012 e vaise a facer agora, todos os luns.
As avaliacións previstas para este ano son as seguintes:
15 embarcacións, a Escola Oficial Náutico Pesqueira de Ribeira, Subdirección Xeral Gardacostas de Galicia e a Base do Servizo de Protección de Recursos de Ferrol
8 Accidente dun traballador da Xunta no INTECMAR, medidas a tomar.
A parte social informa que recibiu queixas pois no porto de Lorbé a pasarela atópase en mal estado de conservación , ten moito verdín e esvárase con facilidade, e a parte as travesas son insuficientes para que o paso sexa seguro. Unha traballadora con destino no INTECMAR nunha mostraxe rutinaria esvarou saíndo magullada pero sen consecuencias, solicitamos a Consellería que se poña en contacto cos responsables do porto de Lorbé e se solicite un axeitado mantemento de ditas pasarelas para evitar no futuro accidentes maiores. Quedamos a espera de fotos da pasarela para facer o escrito dirixido aos responsables do porto, encargarase o Presidente do Comité.
9 Asuntos a resolver no IPMP.
A parte social denuncia que hai problemas coa prohibición de fumar na residencia pois os alumnos non fan caso das normas e as traballadoras de limpeza quéixanse do estado no que quedan as instalacións debido a isto. Falouse coa dirección do Instituto, pero non hai cambios . Queda o Presidente do Comité en facer as xestións coa dirección do centro.
10 Avaliación  de Riscos da Xefatura Comarcal de Carril
Revísase a avaliación e coméntanse as necesidades mais urxentes , pasamáns nas escaleiras exteriores, arranxos nas instalacións de luz,.. Queda pendente unha xuntanza co responsable da Delegación para poñer data as correccións necesarias. Coméntase que no acceso nas escaleiras de baixada hai un gran acúmulo de follas das árbores que fan a baixada moi perigosa por perigo de esvaróns, quedouse en mirar para limpar o acceso.
O día 30 de xaneiro hai unha xuntanza dos Técnicos de Prevención da Xunta para establecer un protocolo de entrega e tratamento das avaliacións de riscos en xeral.
11 Rolda aberta de intervencións
A parte social volve a traer o tema dos EPIS en Gardacostas. Expoñen que continúan cos mesmos problemas que antes , os EPIS están baixo chave e unicamente o Xefe de Unidade da Base a ten. Pídese solución a este tema aínda que se comenta que hai comunicación para que se lle deixen as chaves aos traballadores o sistema non está a funcionar ben.
Quedou establecido na sesión do comité  que a próxima xuntanza sexa o día 16 de abril , martes , as 10: 30h. 
Próxima xuntanza na data 7 de maio de 2012












No hay comentarios:

Publicar un comentario