A Guía de recursos, apoio e asistencia á maternidade contén información básica sobre recursos, programas e axudas aos que poden acceder ás mulleres desde a acreditación do seu embarazo, e que ademais veñen a complementar as medidas que o Plan Integral de apoio á muller embarazada 2012/14 contempla nas súas diferentes áreas de actuación. Pretende ser unha ferramenta útil e de fácil manexo na que atopar información sobre os recursos de apoio existentes tanto a nivel estatal, autonómico e tamén local que poden ser de interese para as mulleres embarazadas. A información recollida comprende varias categorías: permisos e excedencias, prestacións, axudas e beneficios fiscais, e servizos e recursos con información básica sobre os mesmos e ligazóns que permitan obter información máis polo miúdo.
PREME AQUÍ PARA VER A GUÍA
PREME AQUÍ PARA VER A GUÍA

No hay comentarios:
Publicar un comentario