Páginas

miércoles, 8 de mayo de 2013

ALEGACIÓNS DA CSIF AO ANTEPROXECTO DE LEI DO EMPREGO PÚBLICO DE GALICIA‏


Nos enlaces anexos remitimos máis dun cento de  alegacións  e consideracións presentadas no día de onte (7-05-2013) por esta central sindical ao ANTEPROXECTO DE LEI DO EMPREGO PÚBLICO DE GALICIA (do que tamén xuntamos o arquivo).

CSI•F constituiu un equipo de traballo  específico  coa finalidade de presentar unha serie de  propostas que permitise converter este anteproxecto de Lei do Emprego Público na Lei dos Empregados Públicos de Galicia, así como introducir  todas aquelas achegas e aportacións facilitadas polos nosos delegados/as, afiliados/as, traballadores/as e colexios profesionais, entre outros colectivos.

Asemade, e independentemente destas alegacións, agradeceríamosvos que nos remitísedes calquera cuestión ou suxerencia que consideredes relevante para poder ser incorporadas  na fase de negociación que comezará a partir do vindeiro luns, 13 de maio.

Entre as alegacións e consideracións presentadas a este anteproxecto  salientamos, entre outras de non menor importancia, as seguintes:

-         A INCLUSIÓN DE CLÁUSULAS DE RECUPERACIÓN DO PODER ADQUISITIVO E REVISIÓN SALARIAL.
-         A DERROGACIÓN DA LEI DE ORZAMENTOS DA CC.AA NO QUE ATINXE Á SUPRESIÓN DO COMPLEMENTO ESPECÍFICO DAS PAGAS EXTRAORDINARIAS.
-         A ELIMINACIÓN DA MOBILIDADE FORZOSA.
-         A SOLICITUDE DUN PROCESO DE FUNCIONARIZACIÓN VOLUNTARIA PARA TODO O PERSOAL LABORAL
-         A PETICIÓN ,COMO NOVIDADE, DUN PROCEDEMENTO DE MELLORA DE EMPREGO.
-         O ESTABLECEMENTO DUN CAPÍTULO PROPIO PARA EMPREGADOS PÚBLICOS CON DISCAPACIDADE.
-         ETC

 PREME NOS ENLACES PAR VER A INFORMACIÓN



No hay comentarios:

Publicar un comentario