viernes, 1 de marzo de 2013

Afectación da aplicación da Lei 2/2013 dos orzamentos Xerais da Comunidade autónoma de Galicia

O DOG núm. 42 de 28 de febreiro 2013 publica a Lei 2/2013 de 27 de febreiro dos orzamentos xerais da C.A. de Galicia para o ano 2013
que entre outros moitos recortes aplica os seguintes:

Establece o efecto retroactivo da redución das pagas extras, coa súa entrada en vigor para o día 1º de xaneiro de 2013

Finalmente suprímese o descanso semanal de dous días que recoñecía o Convenio colectivo:

Disposición adicional décimo sétima: Medidas en relación co V Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia. que establece: "Durante o ano 2013 quedará suspendida a aplicación do artigo 19 do V Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia".

Deroga o punto 3 do art. 5 da lei 1/2012 de medidas temporais que establecía o seguinte: "3. Habilítase o Consello dá Xunta para acordar a redución dá xornada coa correspondente redución retributiva do persoal interino ou temporal comprendido non artigo 1 desta lei, cun tope máximo dun terzo de xornada efectiva, tendo en conta sempre as necesidades do servizo. O acordo determinará motivadamente o persoal afectado e a duración dá medida, que non poderá ser superior a cinco anos."


No hay comentarios:

Publicar un comentario