ESCOLAS INFANTÍS PARA PERSOAL DA XUNTA DE GALICIA
CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR (DOG DO 30 DE ABRIL)
Orde do 26 de abril de 2012 pola que se regula o procedemento de adxudicación de prazas para fillas/os do persoal da Xunta de Galicia nas escolas infantís dependentes desta consellería para o curso 2012/2013.
1. Obxecto.
A presente orde ten por obxecto regular o procedemento de adxudicación de prazas para fillas/os do
persoal dos seguintes centros:
- Servizos centrais da Xunta de Galicia na escola infantil 0-3 de Vite da cidade de Santiago de
Compostela
- Complexo administrativo da Xunta en Vigo na escola infantil 0-3 do C.A. da Xunta en Vigo
- Edificio administrativo da Xunta en Pontevedra, na escola infantil 0-3 do E.A. da Xunta en
Pontevedra
2. Requisitos
– Ser filla/o do persoal dos servizos centrais da Xunta de Galicia, do persoal do complexo
administrativo da Xunta en Vigo ou do edificio administrativo da Xunta en Pontevedra ou estar
acollida/o legalmente por algunha/algún delas/es.
– Que a/o nena/o xa nacese no momento de presentación da solicitude.
– Ter como mínimo 3 meses de idade na data de ingreso e non ter cumpridos os 3 anos antes do 31
de decembro de 2012.
3. Lugar e prazo de presentación de solicitudes
1. O prazo de presentación de solicitudes, tanto de reserva de praza como de novo ingreso, será desde o día 2 ao 12 de maio de 2012, ambos os dous incluídos.
2. As/os solicitantes presentarán a solicitude para a escola infantil 0-3 de Vite na Oficina de Rexistro Único
e Información da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, para a escola infantil 0-3
do complexo administrativo da Xunta de Galicia en Vigo no Rexistro Único do Complexo Administrativo da
Xunta en Vigo e para a escola infantil 0-3 do edificio administrativo da Xunta en Pontevedra na Oficina de
Rexistro e Información da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, sen prexuízo do
disposto no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións
públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro).
Así mesmo, tamén poderán presentala en formato electrónico a través da sede da Xunta de Galicia no
enderezo https://sede.xunta.es
3. Con carácter excepcional poderanse presentar solicitudes fóra do prazo establecido no punto 1 deste
artigo nos seguintes casos:
a) Nacemento, acollemento ou adopción da/o nena/o con posterioridade ao prazo de presentación de
solicitudes.
b) Cambio de concello de residencia da unidade familiar.
c) Outras circunstancias que motivadamente aprecie a Secretaría Xeral de Política Social para as/os
solicitantes da escola infantil de Vite ou a Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar de Vigo
para as/os solicitantes da escola infantil do complexo administrativo da Xunta de Galicia en Vigo e da escola
infantil do edificio administrativo da Xunta en Pontevedra.
No hay comentarios:
Publicar un comentario