Polo presente correo comunícolles que Consellería do Medio Rural e do Mar ten previsto realizar as probas físicas e de agudeza visual aos integrantes das listas reguladas polo Decreto 5/2007, do 25 de xaneiro, polo que se modifica o Decreto 37/2006, do 2 de marzo, correspondentes a determinadas categorías de persoal laboral dos servizos de prevención e defensa contra incendios forestais e de persoal do Pladiga, os días 23, 24, 25, 26 e 27 de abril de 2012.
A data de realización das probas será determinada pola orde alfabética dos apelidos dos aspirantes e será a seguinte para cada provincia:
| Data | Letra apelido |
| 23 de abril de 2012 | A-B-C-D |
| 24 de abril de 2012 | E-F-G-H-I |
| 25 de abril de 2012 | J-K-L-M-N-Ñ |
| 26 de abril de 2012 | O-P-Q-R |
| 27 de abril de 2012 | S-T-V-W-X-Y-Z |
-Os aspirantes poderán consultar o día e o lugar de realización das probas na páxina web da Consellería do Medio Rural e do Mar, http://medioruralemar.xunta.es.
-Os aspirantes realizarán as probas na provincia do domicilio indicado na súa solicitude de inscrición nas listas. Os que teñan o domicilio fóra de Galicia poderán realizar as probas en calquera das provincias en que pretendan traballar.
-Os aspirantes deberán acudir á realización da proba provistos do DNI e dun certificado médico oficial ou informe sobre o estado de saúde, asinado por un colexiado en exercicio no que se faga constar que non presenta enfermidade ou discapacidade que impida o correcto desenvolvemento dunha proba de esforzo físico. Dito certificado haberá de ter unha antigüidade máxima de 3 meses respecto da data de realización da proba.
No hay comentarios:
Publicar un comentario