jueves, 4 de febrero de 2016

Oferta de Emprego Público do ano 2016.


CSIF INFORMA
OPE 2016

Publicado no Consello da Xunta de hoxe xoves dia 04 de febreiro do 2016 as prazas para a Oferta de Emprego Público do ano  2016.

A Xunta convocará no eido de servizos sociais 146 prazas para persoal laboral, o que permitirá aumentar a estabilidade no emprego desta área e mellorar a prestación do servizo.
Do total,70 prazas son na categoría de auxiliar de enfermaría e outras 76 nas categorías de camareiro-limpador e axudante de cociña. A previsión da Xunta é convocar as oposicións antes do verán.

Por primeira vez dende 2003 a Administración galega incluirá na oferta de emprego o servizo de prevención e extinción de incendios. A Xunta convocará 124 prazas para reforzar este servizo, das cales 94 serán nas categorías de condutor de autobomba, vixilante, emisorista, peón e peón condutor, e non exixirán titulación específica. As  outras 30 prazas son para persoal funcionario das escalas de enxeñeiros de montes, enxeñeiros agrónomos, enxeñeiros técnicos agrícolas e enxeñeiros técnicos forestais.
A previsión da Xunta é tamén convocar as oposicións antes do verán, e os exames serán en todo caso despois da campaña de verán para non interferir no dispositivo de loita contra os incendios da Xunta. Ademais, a Xunta convocará por primeira vez na historia da autonomía 22 prazas de especialistas en seguridade e saúde no traballo, incluídas prazas de especialista en seguridade no traballo, en hixiene industrial e en ergonomía e psicosocioloxía aplicada.

A Xunta ten a previsión de convocar estas oposicións a finais deste 2016 ou principios do vindeiro ano. Finalmente, no eido da Administración xeral ofertaranse outras 40 prazas no corpo de xestión (A2), no corpo auxiliar (C2) e na agrupación profesional do persoal funcionario subalterno.
E a Xunta ofertará outras 116 prazas de promoción interna, o que permitirá aos empregados públicos acceder a un posto de maior categoría sempre que reúnan os requisitos e superen o correspondente proceso selectivo. Dentro delas, 16 prazas serán nas escalas de informática (A1 e A2), e as outras 100 para os corpos superior (A1), administrativo (A2) e auxiliar (C2) da Administración xeral. A Xunta convocará nas próximas datas a mesa de negociación sindical para trasladar a oferta de emprego público no eido da Administración xeral.

Ademais, celebrará mañá a reunión do Consello Asesor para a integración da discapacidade na función pública, para debater a oferta coas organizacións sindicais e asociacións representativas do sector.

No hay comentarios:

Publicar un comentario