jueves, 26 de noviembre de 2015

ADSCRIPCIÓN/SUPERIOR CATEGORIA PARA O CEE "SALADINO CORTIZO" (VIGO)

A Consellería de CULTURA,EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA publicou o seguinte anuncio de cobertura de un posto de traballo en réxime de adscrición

Denominación do posto: COIDADOR/A AUXILIAR

Categoría: 4-0004 AUXILIAR FOGAR, COIDADOR AUXILIAR, AUXILIAR COIDADOR
Códigos dos postos: EDC994090136560014
Centro de destino: CEE "SALADINO CORTIZO" (VIGO)
Observacións: DOG Nº6, DO 12/1/2015- B18 Complemento salarial singularidade por penosidade

Admisión solicitudes dende 25/11/2015 ata  30/11/2015      

Máis información na web da xunta.

Adscrición temporal, que é?

O V Convenio Colectivo Único da Xunta de Galicia regula no art.7.5 as adscricións temporais do Persoal Laboral Fixo. Os postos de traballo vacantes, cando a súa provisión se considere urxente e inaprazable, poderán ser provistos mediante esta figura. O/a traballador/a deberá pertencer á mesma categoría e reunir os requisitos que, para o desempeño do posto de traballo, esixa a correspondente relación de postos de traballo. No caso de existiren varias persoas solicitantes nas mesmas circunstancias, adxudicarase atendendo preferentemente á antigüidade nas administración públicas. A adscrición terá unha duración máxima dun ano prorrogable por outro se persisten as circunstancias que a motivaron.

Superior categoría, que é?

O V Convenio Colectivo Único da Xunta de Galicia regula no art.15 a realización de traballos de superior categoría do Persoal Laboral Fixo. Ofreceráselle ao persoal do centro, coa requirida publicidade e adxudicándoa pola antigüidade na Xunta de Galicia entre as persoas solicitantes. A ocupación dun posto de traballo en réxime de desempeño de funcións de categoría superior non poderá exceder de seis meses consecutivos ou dez alternos.

CÓDIGO - DESCRIPCIÓN DE LOS COMPLEMENTOS SALARIALES
 B10 COMPLEMENTO SALARIAL DE SINGULARIDAD POR PELIGROSIDAD.
 B11 COMPLEMENTO SALARIAL DE SINGULARIDAD POR TOXICIDAD.
 B12 COMPLEMENTO SALARIAL DE SINGULARIDAD DE RESPONSABILIDAD.
 B14 COMPLEMENTO SALARIAL DE SINGULARIDAD DE ESPECIAL DEDICACIÓN.
 B16 COMPLEMENTO SALARIAL DE NOCTURNIDAD.
 B18 COMPLEMENTO SALARIAL DE SINGULARIDAD POR PENOSIDAD.
 B20 COMPLEMENTO SALARIAL DE DIRECCIÓN.

 B12(1) COMPLEMENTO SALARIAL DE SINGULARIDAD DE RESPONSABILIDAD POR CONDUCCIÓN HABITUAL DE VEHÍCULOS.  

No hay comentarios:

Publicar un comentario