jueves, 21 de mayo de 2015

19-05-2015: Información Pleno Comité Intercentros do Persoal Laboral da Xunta de Galicia

PLENO COMITÉ INTERCENTROS DO 19-05-2015

1-Aprobación se procede das actas nº 5 e nº 6.

Quedan aprobadas , a acta nº 5 coas consideracións feitas por CSIF

2-Escritos recibidos

3 novas adscricións temporais
3 novas adscricións por superior categoría
11 prórrogas de adscrición por superior categoría
Recíbese escrito do comité de Pontevedra de Medio Ambiente solicitando que se cumpra o acordo de complementos salariais para determinadas categorías . Acordamos facer escrito a Consellería e tamén a Función Pública


3-Concurso de traslados Persoal Laboral da Xunta de Galicia.

Dende CSIF propuxemos convocar mobilizacións con todo o persoal laboral da Xunta para esixir que se cumpran todos os artigos do convenio que están en suspensión ou que non se cumpran.

Despois dun pequeno debate, e coa postura da CIG e UXT que apoian derivar estas actuacións ás centrais sindicais e non dende o propio Comité Intercentros (órgano máximo de representación do persoal laboral)  , acórdase:

Enviar comunicación as cc.ss. para vinculalas na loita de todo o persoal laboral da Xunta de Galicia e convocar rolda de prensa para o vindeiro día 26 de maio ás 11:00h cos responsables de cada cc.ss., así mesmo solicitar una vez máis unha xuntanza con Función Pública  e enviar escrito a Consellería de Facenda con todas estas reivindicacións que están a afectar de forma considerable a vida familiar e laboral da maioría do persoal laboral ao servizo da Xunta de Galicia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario