viernes, 24 de abril de 2015

COMUNICACIÓN REALIZACIÓN PROBAS FÍSICAS E DE AGUDEZA VISUAL SPDCIF 2015‏

Durante os días 11, 12 e 13 de maio de 2015, a Consellería do Medio Rural e do Mar ten previsto realizar as probas físicas e de agudeza visual aos integrantes das listas reguladas polo Decreto 5/2007, do 25 de xaneiro, polo que se modifica o Decreto 37/2006, do 2 de marzo, correspondentes ás categorías de persoal laboral dos servizos de prevención e defensa contra incendios forestais, de técnico superior de defensa contra incendios forestais, técnico forestal de defensa contra incendios forestais, xefe de cuadrilla, condutor de motobomba, peón condutor e peón defensa contra incendios forestais (proba física) e ás categorías de vixilante fixo e vixilante móbil (proba de agudeza visual).

 - A data de realización das probas será determinada pola orde alfabética dos apelidos dos aspirantes e será a seguinte para cada provincia:
Data

Letra apelido
11 de maio de 15
A-B-C-D-E-F
12 de maio de 15
G-H-I-J-K-L-M-N-Ñ-O
13 de maio de 15
P-Q-R-S-T-U-V-W-X-Y-Z

-Os lugares de realización das probas, serán os seguintes:
 A Coruña: Pavillón Polideportivo “Monte Alto”; rúa Alcalde San Jurjo, s/n. A Coruña.
Lugo: Pistas Deportivas “Gregorio Pérez Rivera (As Pedreiras)”; rúa Filarmónica     Lucense  s/n. Lugo.
Ourense: Pavillón Polideportivo da Comisaría de Policía. As Lagoas, s/n. Ourense
Pontevedra: Edificio Administrativo da Xunta de Galicia; avenida Fernández Ladreda, nº 43. Pontevedra.
 -Os/as aspirantes poderán consultar a partir do día 23 de abril, o día e o lugar de realización das probas na páxina web da Consellería do Medio Rural e do Mar,http://medioruralemar.xunta.es (NO APARTADO DE AVISOS, FORESTAL).
-Os aspirantes realizarán as probas na provincia do domicilio indicado na súa solicitude de inscrición nas listas. Os que teñan o domicilio fóra de Galicia poderán realizar as probas en calquera das provincias en que pretendan traballar.
-Os aspirantes deberán acudir á realización da proba provistos do DNI e dun certificado médico oficial ou informe sobre o estado de saúde, asinado por un colexiado en exercicio no que se faga constar que non presenta enfermidade ou discapacidade que impida o correcto desenvolvemento dunha proba de esforzo físico. O ditocertificado haberá de ter unha antigüidade máxima de 3 meses respecto da data de realización da proba.

No hay comentarios:

Publicar un comentario