sábado, 25 de abril de 2015

Campaña de Vixilancia da Saúde do Persoal Non Docente

Campaña de Vixilancia da Saúde do Persoal Non Docente

Mediante Resolución da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria,  do 22 de abril de 2015, autorízase a difusión da campaña de vixilancia periódica da saúde para o persoal non docente destinado en centros docentes públicos non universitarios dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Ponse a disposición dos traballadores e traballadoras a posibilidade de  solicitar de forma telemática a realización do seu recoñecemento médico laboral, de conformidade coas condicións establecidas na citada Resolución e comunicadas como instrucións ás direccións dos centros educativos. Así, os traballadores e traballadoras que estean interesados en realizar o exame de saúde durante o período lectivo 2014/2015 poderán inscribirse a través do seguinte enlace:https://revisionmedicanondocentes.xunta.es.
  • O prazo de inscrición será de dez (10) días naturais a partir do día seguinte ao da difusión  desta campaña na páxina web oficial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

No hay comentarios:

Publicar un comentario