martes, 16 de septiembre de 2014

XORNADAS SOBRE LEXISLACIÓN, FORMACIÓN E COMPETENCIAS DOS TÉCNICOS EN COIDADOS AUXILIARES DE ENFERMARÍA EN SANTIAGO DE COMPOSTELA


A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSI•F) organiza o próximo 16 de outubro, en Santiago de Compostela, unhas xornadas dirixidas a todo o persoal auxiliar de enfermaría, xornadas que supoñen un grande esforzo, e coa finalidade de crear un punto de encontro profesional para os TCAE.

Estas Xornadas están abertas a todos os profesionais Técnicos en Coidados Auxiliares de Enfermaría (TCAE) de toda a comunidade galega, independentemente da súa condición laboral e desenvolvemento dos seus postos de traballo, coa dobre finalidade de recoller e analizar os problemas e desafíos ante os que se encontra actualmente a profesión, e elaborar unhas conclusións que poidan ser utilizadas para deseñar unha estratexia de futuro, dentro dunha reunión participativa, con coloquio aberto a todas as tendencias e intercambiar opinións respecto do noso pasado, presente e futuro profesional.
Polo tanto, os contidos e cuestións que se van desenvolver serán universais para todos os profesionais e para iso contaremos coa participación de relatores con alta cualificación e expertos nas materias a tratar, e coa presenza, entre outros convidados, do Presidente Nacional de CSIF Sanidade, da Conselleira de Sanidade da Xunta, da Xerente do Servizo Galego de Saúde e do Xerente da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago.
Informarvos tamén que están PENDENTES DE ACREDITACIÓN pola Comisión de Formación Continuada das profesións sanitarias na comunidade autónoma de Galicia.
Poderedes descargar toda a información referente ás xornadas, incluído o boletín de inscrición, no enlace:
http://www.csif.es/sites/default/files/169260/triptico_xornada_tcae_11028.pdf
OLLO! QUE O PRAZO DE INSCRICIÓN REMATA O 30 DESTE MES DE SETEMBRO ULTIMAS PRAZAS! INSCRÍBETE XA!
se tes dubidas pode chamar os teléfonos 986896900 ou 671035612





No hay comentarios:

Publicar un comentario