Publicado no DOG de hoxe día 27-08-2014 a ORDE do 20 de agosto de 2014 pola que se convocan, con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para os certificados de lingua galega, Celga, que se realizarán en distintos períodos e en varias escolas oficiais de idiomas de Galicia.
Esta orde ten por obxecto convocar, con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galega de nivel medio e superior, presenciais e en liña, e cursos preparatorios para a consecución dos certificados de lingua galega (Celga), para o curso 2014/15, nas escolas oficiais de idiomas de Galicia que se indican nos anexos II e IV, respectivamente
Os cursos impartiranse entre setembro de 2014 e maio de 2015, en horario de mañá ou de tarde.
Os cursos de linguaxe administrativa galega de nivel medio e superior van dirixidos ao persoal das diferentes administracións públicas de Galicia, exceptuando o persoal docente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o persoal sanitario.
Tedes máis información no DOG
No hay comentarios:
Publicar un comentario