lunes, 14 de abril de 2014

Adxudicación de prazas para fillas e fillos do persoal da Xunta de Galicia nas escolas infantís para o curso 2014/15.

No DOG de hoxe publicouse a ORDE do 7 de abril de 2014 pola que se regula o procedemento de adxudicación de prazas para fillas e fillos do persoal da Xunta de Galicia nas escolas infantís dependentes d
a conselleria de Traballo e Benestar
para o curso 2014/15.

Esta orde ten por obxecto regular o procedemento de adxudicación de prazas,
tanto de renovación como de novo ingreso, para fillos e fillas do persoal dos servizos centrais da Xunta de Galicia, do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Pontevedra e do Complexo Administrativo da Xunta de Galicia en Vigo, na escola infantil de Vite de Santiago de Compostela, na escola infantil do Edificio Administrativo de Pontevedra e na escola infantil A Estrela do Complexo Administrativo de Vigo, respectivamente, para o curso 2014/15.

Artigo 2. Requisitos
Para a cobertura destas prazas establécense como requisitos:
– Ser filla ou fillo do persoal dos servizos centrais da Xunta de Galicia, do persoal do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Pontevedra ou do Complexo Administrativo da Xunta de Galicia en Vigo, ou estar acollida ou acollido legalmente por algunha delas ou algún deles.
– Que a nena ou o neno xa nacese no momento de presentación da solicitude.
– Ter como mínimo 3 meses de idade na data de ingreso e non ter cumpridos os 3 anos antes do 31 de decembro de 2014.

Artigo 3. Servizos e horarios
1. O tipo de atención dos centros desagregarase en dúas opcións: atención educativa con comedor e atención educativa sen comedor. As usuarias e os usuarios que opten polo servizo de atención educativa sen comedor ateranse aos horarios establecidos polo centro para estes efectos.



A opción de servizos elixida farase constar nos impresos de solicitude de novo ingreso ou renovación de praza e deberá manterse durante todo o curso salvo circunstancias sobrevidas, debidamente acreditadas, que xustifiquen a necesidade de modificación da opción elixida inicialmente.


Lugar e prazo de presentación de solicitudes


1. As solicitudes de renovación de praza e de novo ingreso deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.
Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de
identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede da Xunta de Galicia.

O prazo de presentación de solicitudes, tanto de renovación de praza como de novo ingreso, será de 15 días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.



No hay comentarios:

Publicar un comentario